Categorías
Novas O Barrio

Propostas aos orzamentos participativos do Concello

Como moitos de vos xa saberedes, o concello anunciou unha nova iniciativa de participación cidadá, A Porta Aberta, que consiste en facer propostas de inversión aos orzamentos municipais. Para isto habilitouse unha páxina web na que calquera veciño pode facer propostas. Haberá diferentes fases no proceso, xa que unha vez que se recollan as propostas estas poderán ser apoiadas polos cidadáns, e as que máis apoios obteñas pasarán a fase final de avaliación por parte do concello para ver a súa viabilidade e á votación final.

Agora mesmo o proceso atópase na fase de envío de propostas, que finaliza o vindeiro 23 de xuño. Nesta primeira fase está habendo unha gran participación e no tocante ao noso barrio son varias xa as propostas que se achegaron. Dende aquí queremos animarvos, veciñas e veciños de Eirís, a que fagades as vosas para entre todos conseguir mellorar aqueles aspectos do barrio que o precisan, que non son poucos.

Na seguinte fase poderedes tamén apoiar as que teñan que ver co noso barrio, de xeito que teñamos máis posibilidades de que se fagan realidade, así que xa sabedes, a participar! Se lle tedes algo de medo ás novas tecnoloxías podedes achegarvos a calquera das bibliotecas municipais e alí vos axudarán a rexistrar a vosa proposta ou apoiar a que consideredes. Lembrade que temos unha aquí ao lado, no Castrillón.

A Porta Aberta - Eirís

Categorías
Denuncias

A «rúa-autoestrada» de Eirís

Os que sodes do barrio ben seguro que coñecedes a rúa da imaxe, se ven estamos a ser moi xenerosos chamándolle rúa. De toda a vida foi empregada como saída cara Monelos dende a zona do hospital, se ven non é precisamente unha ruta cómoda en coche polo estreito das corredoiras polas que hai que vir. Dende fai anos, coa construción do túnel que ven dende a zona do porto, e a remodelación de toda a zona do parque de Eirís, existen alternativas moito máis cómodas para facer o mesmo, como por exemplo a Avenida Lamadosa.

Porén, ben por nostalxia, costume ou o que sexa, esta rúa segue a ter un tráfico moi elevado a certas horas do día. Por se as súas circunstancias físicas non fosen xa problemáticas de por si para o trafico, temos que unir que hai dous garaxes, aos que os residentes teñen dereito a entrar en dirección prohibida, xa que é imposible xirar para eles en dirección baixada, que é a de tránsito normal. Como se pode apreciar na fotografía, ao final da mesma existe un paso de peóns, con moi mala ou nula visibilidade para os coches no lado dereito segundo se baixa, por culpa do edificio de cor beis (número 221). Todas estas circunstancias fan deste punto un lugar problemático, principalmente por dous motivos:

 

7346366126_238ba36a32_z

Inseguridade para os peóns

A pesar de que no principio da rúa existe unha sinal de prohibición de circular a máis de 20 kms por hora, non se respecta, o cal unido a excesiva pendente e a nula visibilidade do marxe dereito en baixada  fai que continuamente haxa «sustos» para os peóns que vindo da parte baixa da Avenida de Monelos cruzan o mesmo.

Caos circulatorio e incomodidade para os residentes

Aínda que os residentes que teñen garaxes nesta rúa teñen preferencia para subir en dirección prohibida aos mesmos, esta non se respecta, creando problemas de circulación, xa que teñen que espera un oco na Avenida de Monelos, entorpecendo a circulación da mesma e tendo que esperar moitas veces varios minutos ata poder acceder aos seus garaxes.

Dende o Barrio da Fresa e dende a Asociación de Veciños, se ven pedindo unha solución, mesmo con peticións oficiais por rexistro durante a anterior etapa de goberno municipal. Dende aquí pedimos de novo ao goberno municipal que atenda estas peticións e que deixe esta rúa só para acceso aos garaxes e paso peonil, xa que hai alternativas mellores e igual de cómodas, como por exemplo empregado a Avenida Lamadosa e baixando por Jerónimo Vázquez Franco, ou pola rúa Terranova e baixando por Fray Pedro Payo Piñeiro.

 

drawing

Categorías
Actividades Novas

Festa da Fresa 2015

Xa temos cartel oficial da Festa da Fresa 2015. O vindeiro xoves 20 de agosto teremos verbena a partir das 22:30 horas coa orquesta Sintonía.

Antes diso haberá degustación de fresas, así como espectáculos e xogos para os máis xóvenes.

festa-da-fresa-2015

Categorías
Denuncias

Uso de herbicidas no parque de Eirís e envelenamento de cans

Sonvos días convulsos no barrio por mor de varias cousas. Por un lado, a chegada das eleccións municipais puxo o barrio patas arriba con obras por aquí e acolá. Polo outro, o parque de Eirís ven de sair nas novas locais pola lamentable actitude de algunha/s «persona/s» que están a deixar comida con agullas e con veleno para os cans que utilizan o parque.
A todo isto, dende aquí engadimos outra denuncia máis, xa que hai uns días apareceron os bordes da verde herba primaveral tinguidos de amarelo, a razón?…HERBICIDA!!! Así é, un parque cheo de nenos e de animais no que utilizan produtos químicos para facer máis levadeiro o traballo da concesionaria de mantemento de parques e xardíns.
Polo de agora non nos podemos aventurar co nome do produto químico, aínda que xa temos certas sospeitas e non queremos sembrar o pánico.
Qué facer?
Nós xa deixamos a nosa protesta no servizo de atención ó público do concello por vía telefónica chamando ó 010. Tamén podédelo facer online por aquí

Categorías
Actividades Novas O Barrio

Prazo de inscrición nas actividades do Centro Cívico

Ooooommmmmhhhhhhh

Andade con ollo, mañán comeza o prazo de inscrición para as actividades sociais que o concello desenvolve no Centro Cívico do Barrio. Coma sempre moita variedade e actividades especiais dende crianzas a maiores.

Prazos de inscrición: 4, 5 e 6 de setembro en horario de 10.00 a 13.30h e de 16.30 a 20.00h

Sorteo de prazas: 6 de setembro 20.00h

Publicación listado admitidos e listas espera: 19 setembro no CC Eirís

Prazo inscrición persoas admitidas: 22, 23 e 24 de setembro en horario de 10.00 a 13.30h e de 16.30 a 20.00h

Consultade os horarios das actividades no propio Centro Cívico!

Actividades:

Infancia:

– Apoio escolar primaria

– Recuncho de xogo

– Teatro: son un artista

– Animación musical

Xuventude: 

– Apoio escolar secundaria

– Baile moderno

Interxeneracional:

– Batuka

– Taichí

– Pilates

– Bailes salón

– Inglés: conversa

– Corte e confección

– Manualidades con tela

– Restauración pequenos obxectos decorativos

– Calceta

– Fotografía

Maiores:

– Ximnasia mantemento

– Memoria

– Ioga para maiores

Categorías
Actividades Novas

Gran xornada festiva na #FestaDaFresa14

Actuación de @Samarúas

E boa resposta dos medios locais. Ademáis das intervencións nas radios locais ó longo de toda a semana (RadioCoruña, OndaCero, COPE e Radiovoz), hoxe deixamos o resumo da revista de prensa…a ver se vos atopades nas estampas!

La Voz De Galicia (Portada edición local)

La Opinión de A Coruña (Nova)

La Opinión de A Coruña (Galería de imaxes)

O ano que ven…máis e mellor!

 

Categorías
Actividades Novas Sin categoría

Festa da fresa no parque de Eirís

O próximo 20 de agosto o barrio terá no Parque de Eirís o seu epicentro festivo. Dentro das actividades destacan unha exposición e concurso de produtores de fresas de Galicia contanto con produtores en formato ecolóxico entre outros.

Ademáis do torneo de fútbol, contaremos tamén con dúas actuacións en vivo, as dos folkies Samarúas e as da afamada orquestra Armonía Show.

Categorías
Actividades Novas

Programación da Aula da rede CeMIT no CC Eirís durante o mes de Febreiro

Podedes atopar a programación de cursos relacionados coas novas tecnoloxías que se ofrece na aula da rede CeMIT ubicada no centro cívico do barrio, a través do seguinte documento:

Cursos rede CeMIT Febreiro

Categorías
Actividades Novas

Programación da Aula da rede CeMIT no CC Eirís durante o mes de novembro

Podedes atopar a programación de cursos relacionados coas novas tecnoloxías que se ofrece na aula da rede CeMIT ubicada no centro cívico do barrio, a través do seguinte documento:

Cursos rede CeMIT Novembro

Categorías
Actividades Novas

Curso de fotografía

O vindeiro venres 8 de Novembro as 21 horas terá lugar a presentación dun curso de fotografía no local que a asociación de veciños ten no centro cívico.

Este curso pretende ser a porta de entrada á fotografía dixital, cubrindo os seguintes aspectos:

  • Iniciación á fotografía dixital
  • Coñece a túa cámara
  • Aprende os fundamentos básicos da fotografía
  • Iniciación ao Photoshop

En total 30 horas teórico-prácticas, incluíndo saídas de campo e posibilidade de dispoñer dun equipo profesional.

Máis información nos teléfonos: 649 81 76 51 – 646 08 34 45