Categorías
O Barrio

O campo da fresa

 

Camiño cara Eirís de Abaixo (Pismelijo - panoramio)

Pódese dicir sen medo a quedar mal que Eirís  e os barrios aledaños tenen unha rica historia. A súa próximidade á cidade da Coruña e do seu porto levou recurtes de historia a lugares como o veciño lugar de Elviña, onte fronteira difusa do actual barrio e hoxe afastado bruscamente polo navallazo da Avenida de Lavedra. No antonte fértil val chegaron a baterse nos albores do século XIX tropas inglesas ante as tropas napoleónicas na Batalla de Elviña.

Tamén a influencia da cidade quixo que polo barrio circulase o vello camiño que conducía cara a Santiago e que, cos anos pasou a convertirse nunha flamante estrada de adoquín, material que a fixo característica ate hai ben poucos anos. A vía vertebrou o barrio dende a súa creación , en parte limitado polas fortes pendentes que caen  en dirección este cara a ría da Coruña. Ó pe do vello camiño crecían vigorosas as fresas e así o fai saber o autor Alfonso Gonzalez Catoira no seu libro «Temas coruñeses»:

«había vegas, como la situada entre los Molinos, Monelos y San Cristóbal, que producían las hortalizas más exquisitas». Y añade que «la fresa de Eirís y la carretera del Pasaje era la más rica de España, y su abundancia no la superaba ninguna otra comarca»

Agora, no ano 2012, o barrio está a pasar por un momento de cambio e non somos quen de dicir se será para ben ou para mal. O único que acertamos a dicir é que unha parte esencial da historia do barrio, aquela que son capaces de gardar os camiños, as fontes, as casas de pedra, as vellas árbores e a xente do lugar,  está en pleno proceso de perda irreversible.

O campo da fresa chegou para recuperar o que foi,  para contar o  que é, e para divagar sobre o que poderá ser o noso barrio.

3 respuestas a «O campo da fresa»

Parabens polo blog desexamosvos moita sorte con el e que dure!, asi que calqueira cosa que precisedes contade connosco.

Saudos!

@Jesús.Moitas gracias, o importante agora é seguir dando pasiños

Contactaremos con vós!

@Ana. Moitas gracias,no momento de poñerlle o nome xa vimos a necesidade de comezar con unha explicación. Alegrámonos de que che gustase!

Vémonos na rede!

Apertas

PARABÉNS (con maiúsculas) por esta primeira entrada. Cando vin a dirección do blog o primeiro que pensei foi entrar para preguntar porque «O campo da fresa», xa que aínda que vivo no Castrillón non son da Coruña.

Un saúdo e moita sorte co blog.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *