Os Barrios non son seres inertes de ladrillo e cemento, senón que son entidades «vivas» que mudan co tempo.
O noso barrio foi cambiando ao longo do tempo, e aínda hoxe o segue a facer. Moitos detalles son xa cousa do pasado e moitos están todavía por vir. Por iso queremos engadir unha sección de fotos no blogue. Para retratar ese pasar do tempo, con fotografías do hoxe, do onte e do que aínda está por chegar.
Desexamos poder ir nutrindo esta nova sección con novas fotos e coa vosa colaboración. Para iso creamos un grupo en Flickr onde, os usarios de esta plataforma, podedes ir engadido as vosas fotos sobre o barrio. Para aqueles que non usedes este servizo podedes enviarnos eses anacos dixitais de tempo conxelado a nosa conta de correo: info@ocampodafresa.org e nós as subiremos, respetando os vosos dereitos como autores.
Gostaríanos sobre todo poder atopar fotografías antigas do barrio, así que se coñecedes algunha publicación ou tedes alguna idea de onde atopalas agradecemos que vos poñades en contacto con nós.