Dende hai un tempo tiñamos ganas de publicar algo sobre o servizo de aluguer de bicicletas do que, dende hai uns anos veñen desfrutando os cidadáns do Concello da Coruña. O programa, que parte da iniciativa do INEGA, IDAE e o propio concello da Coruña está enfocado a facilitar os desprazamentos baixo criterios de aforro enerxético e dunha forma sustentable. Bicicoruña comezou tímidamente un mes de xullo do 2009 e ano tras ano obtivo cada vez mellores datos de uso. Por 30€ anuais calquera usuario da tarxeta millenium pode dispoñer deste servizo todo o ano coas seguintes condicións.
Neste tempo o número de estacións tamén aumentou considerablemente ate as 19 coas que conta o servizo na actualidade, cubrindo así boa parte do casco urbán pero ¿podemos dende o noso barrio acceder de forma cómoda ó servizo?
Na seguinte imaxe podemos apreciar a distribución dos puntos de estacionamento das bicicletas ao longo da cidade. Ademáis quixemos dispor varios aneis de influencia que representan a distancia á que se atopan as estacións. De máis escuro a máis claro en función da maior distancia á estación, o primeiro anel delimita a distancia entre 0 e 150m (aproximadamente 2 minutos a pé), o segundo entre 150 e 300m (4 minutos) e o terceiro de 300 a 450m (6 minutos). O tema do tempo non está posto en balde, xa que é un factor moi importante de cara a asegurar o uso do sistema no día a día.
Sen facer moito esforzo, apreciase unha lagoa de déficit de servizo na zona sur do concello que engloba a os polígonos industiais, campus universitario de Elviña, a primeira e a segunda fase de Elviña, Barrio das Flores , Castrillón e como non o barrio de Eirís. (Podes facer click sobre as imaxes para ollalas en tamaño grande)
Achegándonos ó barrio podemos apreciar a distancia á que nos atopamos das dúas estacións que están máis preto, estas son as de San Diego no barrio dos Castros e a do barrio de Matogrande. Sobre a imaxe anotamos as distancias dende os Centros Cívicos Municipais de Eirís e o Castrillón, distancias en liña recta, distancias a pé e unha aproximación do tempo que se tardaría a pé a unha media de 4.5km/h.
Claramente os servizos cos que conta Bicicoruña non dan cobertura nin a Eirís nin ao Castrillón.
Logo de poñernos en situación, propoñemos tres ubicacións dun hipotético novo lugar para unha estación, que dea servizo non só ao barrio senón a un ámbito ou sector dos barrios que na actualidade quedan «fora de servizo».
OPCIÓN 1 – Boka
Ubicada entre os barrios de Monelos, Castrillón, Eirís e Barrio das Flores. Non chegaría xustamente ós barrios de Eirís-Castrillón, pero sería unha ubicación que deixaría a uns e a outros a cinco minutos do servizo. Ademáis aforraría forzas e desmotivacións ó evitar as fortes pendentes despois de deixar atrás Monelos. O lugar proposto podería ser este por espazo e acceso (paso de peóns próximo para cambiar o sentido)
OPCIÓN 2 – CÚPULA
Esta é unha das opcións que están a circular últimamente polas redes. A descartaríamos por non dar boa cobertura ós veciños dos barrios de Castrillón-Eirís-Barrio das Flores. A cota da estación tamén sería elevada coas conseguintes pendentes para acceder. Espazo para o servizo hai dabondo.
OPCIÓN 3 – TIROLINA
Daría un servizo teóricamente óptimo ó barrio do Castrillón, pero quedaría nunha zona de moita cota e rodeado de fortes pendentes. Igualmente descartaríamos polas fortes pendentes a zona do Castrillón da Praza de Pablo Iglesias
Vese claro que calquera destas tres solucións contribuiría a achegar o servizo a tres novos barrios da cidade, que carecen del na actualidade, cunha mínima inversión que suporía a instalación de unha soa parada máis, e que ademáis faría que non existise unha marxinación tan grande entre as estacións de San Diego e Matogrande, facendo de ponte entre elas, e tamén con respecto ao entramado de estacións no centro da cidade.
PROPOSTA
Feita a análise, proclamamos como mellor opción a primeira, no alto da Avenida de Monelos. De facerse realidade o mapa de estacións cubriría un ámbito de tres barrios polo custo de unha estación. No seguinte mapa, en azul, a ubicación proposta.
5 respuestas a «Bicicoruña e o Barrio de Eirís»
Curiosamente ademáis, a zona exterior ás actuais paradas, conta con centros importantes de traballo (polígono da grela, novos ministerios e universidade) que non teñen servizo. Introducir novas paradas por esas zonas estou seguro que afectará positivamente ó número de usuarios!
Efectivamente Andrés, ese anel que queda na actualidade sen servizo xenera gran cantidade de movementos diarios, só hai que ver a diferencia de vehículos aparcados entre un dia de semana e outro de fin de semana. Este tema xa se nos vai dos lindes,xa sabes a importancia do terruño, así que non vamos a andar movendo os marcos do barrio 😉
De todas formas sei que algo vai sair sobre esta análise na Plataforma pola Mobilidade*, xa a nivel de cidade, ¡informaremos por aquí cando saia algo!
O Artigo é de 10!
Ainda que xa nos coste que nos poñan un, o ideal serian dous, un na zona Eirís/Castrillón e outro no barrio das flores/monelos por se volves e non estás con animos de subiren as «montañas» nas que vivimos pois poder deixar a bici sen ter que baixar ata matogrande.
Enhorabuena por el estudio.
[…] a preparar unha análise do servizo de buses que ten o barrio, similar aos que xa fixemos sobre o servizo de bicicoruña ou sobre a escasa iluminación do parque de Eirís. Estade […]