Este domingo ás 11.00h da mañán (¡lembrade que este sábado se cambia a hora!) farase unha visita de campo para recoñecer posibles ubicacións para a iniciativa de hortas urbanas no barrio.
A convocatoria é aberta así que vinde aprovisionados de cámara de fotos, auga e boa enerxía para aproveitar unha previsible agradable mañán de outono [previsión meteogalicia]
O lugar de onde partirá a expedición será o Centro Cívico de Eirís.
¡¡¡Non esperamos moito así que sede putuais!!!
Una respuesta a «A iniciativa de hortas urbanas en Eirís vai de visita de campo»
¿Hai novidades no tema das hortas…?
Un saudo!!!