Vía ó blogue do veciño barrio do Castrillón (www.barriodocastrillon.es) deixamos ó voso alcance as actividades programadas para o «II Día da familia» organizada por ACOCEM, xunto á AVV Uxío Carré, AVV Monelos, AVV O Cruceiro e FEDACEPE.
As actividades realizaranse durante todo o día do sábado 14 e domingo 15 de setembro.
Voltará a famosa filloeira de Lestedo a facer nada máis que entre 1.000 e 1.400 filloas por minuto 😉
Ademáis, andan a buscar modelos para o desfile de moda do domingo 15. O casting será o venres día 6 de setembro ás 20.30 na sé de ACOCEM sita na rúa Vicente Aleixandre 4.