Categorías
Novas O Barrio

O barrio de Eirís nas ondas de CuacFM

CUAC FM é a emisora de radio comunitaria que ven amenizando as ondas da frecuencia modulada na Coruña dende 1996. Como radio comunitaria, destacan na programación os contidos sociais, dando voz a numerosos colectivos e agrupacións locais.

Entre a súa xa extensa e variada lista de programas atópase Ar de Coruña, programa que, ademáis de facilitar novas de actualidade, sociedade e cultura da cidade, conta cunha sección que reflexa en voz a historia e o presente dos barrios que tecen o puzzle da Coruña. No mes de marzo, a súa máquina de radiografías pasou polo barrio de Eirís.

Por sorte, a xente de CUAC sempre dispón as súas emisións na rede, así que vos deixo aquí o audio do programa.

CANAL DE IVOOX DE AR DE CORUÑA

Recomendamos que escoitedes o programa na súa totalidade, pero especialmente os apartados nos que tratan do barrio e, sobre todo, a magnífica «Radiografía de Barrio» obra e gracia de Bea Ulalume.

Aquí o sumario do programa. En negrita as seccións que trataron do Barrio
– O noso editorial correu a cargo do conductor Javi Fraguel, quen levou o programa xunto con Mónica Alonso. A técnica de son foi competencia de Mariano Fernández.
Radiografía de Barrio de Bea Ulalume.
– Mosaico sonoro, editado e locutado por Mariano Fernández a partir dos audios recollidos na rúa por Iverson e Jorge «Garou» Catoira.
– Asociacións: ASPERGA (Ana Vilariño, traballadora social) e a AA.VV. de Eirís (o seu Pte., Suso Prado).
– A nosa firma correu a cargo de de Jorge Castro Ruso, Menores en Red.
– O espazo dos Deportes, con Pablo Alegre, foi un pouco máis amplo do habitual.
– En Cultura, emitimos unha entrevista dos nosos compañeiros Folk in Trío a Berrogueto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *