Esta semana inaugurouse unha nova aula de informática no centro cívico de Eirís. Esta aula está integrada na Rede CeMIT da Xunta de Galicia, unha iniciativa que xurdiu no ano 2007 denominada Rede de Dinamización da Sociedade da Información, como parte fundamental da aposta pola alfabetización dixital por parte do anterior goberno bipartito e que se segue a manter, por parte do goberno actual, coa nova denominación de Rede CeMIT.
Esta nova aula está dotada de 18 equipos informáticos e dispón dun equipo profesional de videoconferencia. De momento non sabemos aínda cando entrará en funcionamento, nin o plan formativo que se vai a ofrecer. Estaremos atentos para dar máis información a través deste blogue.
Mentres tanto, aquelas persoas interesadas poden consultar a páxina da propia rede, na que se poden inscribir como usuarios ou usuarias, ademáis de consultar os cursos dispoñíbles e en cales centros se imparten.