
Andade con ollo, mañán comeza o prazo de inscrición para as actividades sociais que o concello desenvolve no Centro Cívico do Barrio. Coma sempre moita variedade e actividades especiais dende crianzas a maiores.
Prazos de inscrición: 4, 5 e 6 de setembro en horario de 10.00 a 13.30h e de 16.30 a 20.00h
Sorteo de prazas: 6 de setembro 20.00h
Publicación listado admitidos e listas espera: 19 setembro no CC Eirís
Prazo inscrición persoas admitidas: 22, 23 e 24 de setembro en horario de 10.00 a 13.30h e de 16.30 a 20.00h
Consultade os horarios das actividades no propio Centro Cívico!
Actividades:
Infancia:
– Apoio escolar primaria
– Recuncho de xogo
– Teatro: son un artista
– Animación musical
Xuventude:
– Apoio escolar secundaria
– Baile moderno
Interxeneracional:
– Batuka
– Taichí
– Pilates
– Bailes salón
– Inglés: conversa
– Corte e confección
– Manualidades con tela
– Restauración pequenos obxectos decorativos
– Calceta
– Fotografía
Maiores:
– Ximnasia mantemento
– Memoria
– Ioga para maiores