Categorías
Denuncias

A «rúa-autoestrada» de Eirís

Os que sodes do barrio ben seguro que coñecedes a rúa da imaxe, se ven estamos a ser moi xenerosos chamándolle rúa. De toda a vida foi empregada como saída cara Monelos dende a zona do hospital, se ven non é precisamente unha ruta cómoda en coche polo estreito das corredoiras polas que hai que vir. Dende fai anos, coa construción do túnel que ven dende a zona do porto, e a remodelación de toda a zona do parque de Eirís, existen alternativas moito máis cómodas para facer o mesmo, como por exemplo a Avenida Lamadosa.

Porén, ben por nostalxia, costume ou o que sexa, esta rúa segue a ter un tráfico moi elevado a certas horas do día. Por se as súas circunstancias físicas non fosen xa problemáticas de por si para o trafico, temos que unir que hai dous garaxes, aos que os residentes teñen dereito a entrar en dirección prohibida, xa que é imposible xirar para eles en dirección baixada, que é a de tránsito normal. Como se pode apreciar na fotografía, ao final da mesma existe un paso de peóns, con moi mala ou nula visibilidade para os coches no lado dereito segundo se baixa, por culpa do edificio de cor beis (número 221). Todas estas circunstancias fan deste punto un lugar problemático, principalmente por dous motivos:

 

7346366126_238ba36a32_z

Inseguridade para os peóns

A pesar de que no principio da rúa existe unha sinal de prohibición de circular a máis de 20 kms por hora, non se respecta, o cal unido a excesiva pendente e a nula visibilidade do marxe dereito en baixada  fai que continuamente haxa «sustos» para os peóns que vindo da parte baixa da Avenida de Monelos cruzan o mesmo.

Caos circulatorio e incomodidade para os residentes

Aínda que os residentes que teñen garaxes nesta rúa teñen preferencia para subir en dirección prohibida aos mesmos, esta non se respecta, creando problemas de circulación, xa que teñen que espera un oco na Avenida de Monelos, entorpecendo a circulación da mesma e tendo que esperar moitas veces varios minutos ata poder acceder aos seus garaxes.

Dende o Barrio da Fresa e dende a Asociación de Veciños, se ven pedindo unha solución, mesmo con peticións oficiais por rexistro durante a anterior etapa de goberno municipal. Dende aquí pedimos de novo ao goberno municipal que atenda estas peticións e que deixe esta rúa só para acceso aos garaxes e paso peonil, xa que hai alternativas mellores e igual de cómodas, como por exemplo empregado a Avenida Lamadosa e baixando por Jerónimo Vázquez Franco, ou pola rúa Terranova e baixando por Fray Pedro Payo Piñeiro.

 

drawing

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *