
Cousas curiosas da vida, cando comezaba a escribir este post e busquei a data de inauguración do Centro Cívico caín na conta de que precisamente hoxe hai dous anos (31-05-2010) o barrio recibía cos brazos abertos o novo edificio do Centro Cívico que acollía tamén a sede da Asociación de Veciños Uxío Carré.
Outro día falaremos máis a miudo das actividades deste centro (que dependen directamente do CC do Castrillón) e da repercusión que estas teñen no barrio, das actividades que dentro del se desenvolven e da boa conta que dan delas maioritariamente os nenos e os maiores do barrio.
O caso é que hoxe deron comezo unhas obras de reforma da primeira planta e que dotarán ó centro cunha nova aula de ordenadores e cunha nova oficina adicada en exclusiva ó Centro de Saúde Mental Infantil do Concello da Coruña que desta forma terá a súa sede operativa no barrio.
A consecuencia das obras a primeira planta está xa pechada dende principios da semana co conseguinte traslado da Sala de Xogos e da Sala de Lectura á segunda planta do edificio, onde se atopan tamén as oficinas da Asociación Galega de Personas Afectadas por el Síndrome de Asperger (Asperga).
Boas novas para o Centro pois, neste segundo aniversario.