Categorías
Novas O Barrio

Propostas aos orzamentos participativos do Concello

Como moitos de vos xa saberedes, o concello anunciou unha nova iniciativa de participación cidadá, A Porta Aberta, que consiste en facer propostas de inversión aos orzamentos municipais. Para isto habilitouse unha páxina web na que calquera veciño pode facer propostas. Haberá diferentes fases no proceso, xa que unha vez que se recollan as propostas estas poderán ser apoiadas polos cidadáns, e as que máis apoios obteñas pasarán a fase final de avaliación por parte do concello para ver a súa viabilidade e á votación final.

Agora mesmo o proceso atópase na fase de envío de propostas, que finaliza o vindeiro 23 de xuño. Nesta primeira fase está habendo unha gran participación e no tocante ao noso barrio son varias xa as propostas que se achegaron. Dende aquí queremos animarvos, veciñas e veciños de Eirís, a que fagades as vosas para entre todos conseguir mellorar aqueles aspectos do barrio que o precisan, que non son poucos.

Na seguinte fase poderedes tamén apoiar as que teñan que ver co noso barrio, de xeito que teñamos máis posibilidades de que se fagan realidade, así que xa sabedes, a participar! Se lle tedes algo de medo ás novas tecnoloxías podedes achegarvos a calquera das bibliotecas municipais e alí vos axudarán a rexistrar a vosa proposta ou apoiar a que consideredes. Lembrade que temos unha aquí ao lado, no Castrillón.

A Porta Aberta - Eirís

Categorías
Denuncias

A «rúa-autoestrada» de Eirís

Os que sodes do barrio ben seguro que coñecedes a rúa da imaxe, se ven estamos a ser moi xenerosos chamándolle rúa. De toda a vida foi empregada como saída cara Monelos dende a zona do hospital, se ven non é precisamente unha ruta cómoda en coche polo estreito das corredoiras polas que hai que vir. Dende fai anos, coa construción do túnel que ven dende a zona do porto, e a remodelación de toda a zona do parque de Eirís, existen alternativas moito máis cómodas para facer o mesmo, como por exemplo a Avenida Lamadosa.

Porén, ben por nostalxia, costume ou o que sexa, esta rúa segue a ter un tráfico moi elevado a certas horas do día. Por se as súas circunstancias físicas non fosen xa problemáticas de por si para o trafico, temos que unir que hai dous garaxes, aos que os residentes teñen dereito a entrar en dirección prohibida, xa que é imposible xirar para eles en dirección baixada, que é a de tránsito normal. Como se pode apreciar na fotografía, ao final da mesma existe un paso de peóns, con moi mala ou nula visibilidade para os coches no lado dereito segundo se baixa, por culpa do edificio de cor beis (número 221). Todas estas circunstancias fan deste punto un lugar problemático, principalmente por dous motivos:

 

7346366126_238ba36a32_z

Inseguridade para os peóns

A pesar de que no principio da rúa existe unha sinal de prohibición de circular a máis de 20 kms por hora, non se respecta, o cal unido a excesiva pendente e a nula visibilidade do marxe dereito en baixada  fai que continuamente haxa «sustos» para os peóns que vindo da parte baixa da Avenida de Monelos cruzan o mesmo.

Caos circulatorio e incomodidade para os residentes

Aínda que os residentes que teñen garaxes nesta rúa teñen preferencia para subir en dirección prohibida aos mesmos, esta non se respecta, creando problemas de circulación, xa que teñen que espera un oco na Avenida de Monelos, entorpecendo a circulación da mesma e tendo que esperar moitas veces varios minutos ata poder acceder aos seus garaxes.

Dende o Barrio da Fresa e dende a Asociación de Veciños, se ven pedindo unha solución, mesmo con peticións oficiais por rexistro durante a anterior etapa de goberno municipal. Dende aquí pedimos de novo ao goberno municipal que atenda estas peticións e que deixe esta rúa só para acceso aos garaxes e paso peonil, xa que hai alternativas mellores e igual de cómodas, como por exemplo empregado a Avenida Lamadosa e baixando por Jerónimo Vázquez Franco, ou pola rúa Terranova e baixando por Fray Pedro Payo Piñeiro.

 

drawing

Categorías
Actividades Novas

Festa da Fresa 2015

Xa temos cartel oficial da Festa da Fresa 2015. O vindeiro xoves 20 de agosto teremos verbena a partir das 22:30 horas coa orquesta Sintonía.

Antes diso haberá degustación de fresas, así como espectáculos e xogos para os máis xóvenes.

festa-da-fresa-2015

Categorías
Actividades Novas

Programación da Aula da rede CeMIT no CC Eirís durante o mes de Febreiro

Podedes atopar a programación de cursos relacionados coas novas tecnoloxías que se ofrece na aula da rede CeMIT ubicada no centro cívico do barrio, a través do seguinte documento:

Cursos rede CeMIT Febreiro

Categorías
Actividades Novas

Programación da Aula da rede CeMIT no CC Eirís durante o mes de novembro

Podedes atopar a programación de cursos relacionados coas novas tecnoloxías que se ofrece na aula da rede CeMIT ubicada no centro cívico do barrio, a través do seguinte documento:

Cursos rede CeMIT Novembro

Categorías
Actividades Novas

Curso de fotografía

O vindeiro venres 8 de Novembro as 21 horas terá lugar a presentación dun curso de fotografía no local que a asociación de veciños ten no centro cívico.

Este curso pretende ser a porta de entrada á fotografía dixital, cubrindo os seguintes aspectos:

  • Iniciación á fotografía dixital
  • Coñece a túa cámara
  • Aprende os fundamentos básicos da fotografía
  • Iniciación ao Photoshop

En total 30 horas teórico-prácticas, incluíndo saídas de campo e posibilidade de dispoñer dun equipo profesional.

Máis información nos teléfonos: 649 81 76 51 – 646 08 34 45

Categorías
Denuncias

Seca no parque de Eirís

No diario laopinión fanse eco do estado de sequía de gran parte da zona verde do parque. Parece que do mesmo xeito que pasa coa iluminación, tema que xa denunciamos neste blogue fai tempo, o concello só está disposto a manter dispoñible para o seu uso por parte dos veciños unha pequena parte do parque.

Estado de sequía no parque. Fonte: La Opinión
Estado de sequía no parque. Fonte: La Opinión

 

Categorías
Actividades Novas

Festa da Fresa

Xa temos programa para a festa da fresa 2013, que se celebrará o vindeiro mércores 21 de Agosto:

17:30 – HINCHABLES

18:00 – Fútbol Cadetes: EIRÍS S.D. –  DEPORTIVO OBRERO

19:00 – FESTA DA ESPUMA

20:00 – Fútbol: EIRÍS S.D. Juveniles – EIRIS S.D. Aficionados

22:00 – Trío Musical

23:15 – Entrega de Trofeos

23:30 – Verbena a cargo da GRAN ORQUESTA ARMONÍA SHOW

Categorías
Denuncias O Barrio

A Fonte dos canos

A fonte dos canos, situada en Eirís de Abaixo, é probablemente a fonte máis coñecida do noso barrio. Chamada así polos seus tres canos polos que discorría agua sen parar, era famosa pola súa calidade e sabor, rivalizando coa de Santa Margarita e facendo que moita xente acudira a ela a recoller agua, non só dende moitos puntos da cidade, senón tamén dende fora dela. Non se sabe exactamente cando foi construída máis sábese que é moi antiga e que foi reparada en 1911.

fonte_dos_canos

Lamentablemente a dia de hoxe, atópase nun estado de conservación lamentable. Ten os seus canos tapiados e xa non bota agua, pero o peor de todo e que está totalmente deixada por parte do concello. Isto, xunto coas obras do ofimático fai que estea en enorme perigo a súa conservación. De feito, o seu estado sería aínda peor de non ser polos veciños da zona, quenes se encargan de cortar a maleza e limpala.

Dende O Campo da Fresa pedímoslle ao concello que tome medidas para conservar esta peza tan significativa do patrimonio do noso barrio e da cidade.

Categorías
Novas

Traballos de recuperación do castelo de Valparaíso

Fai unhas semanas publicábase na opinión unha noticia anunciando que se vai a proceder a realizar unha serie de traballos para a recuperación e musealización do castelo de Valparaíso que se atopa no parque de Eirís. Aproveitando estes traballos vaise tratar tamén de analizar toda a zona para tentar ubicar un asentamento romano que segundo se cree e polos restos atopados a principios de século parece que existía nesta zona. Estes traballos están encadrados dentro dun proxecto de recuperación de xacementos arqueolóxicos que impulsa a Concexalía de Urbanismo.

Castelo de Valparaíso nos anos 60. Fonte: La opinión
Castelo de Valparaíso nos anos 60. Fonte: La opinión

O castelo de Valparaíso foi unha fortaleza construida no século XVII despois de que A Coruña fose atacada por tropas inglesas e vendo a vulnerabilidade da zona do porto. O castelo, reforzaba así a entrada da bahía xunto as outras fortalezas de San Diego e Oza.