Fai unhas semanas publicábase na opinión unha noticia anunciando que se vai a proceder a realizar unha serie de traballos para a recuperación e musealización do castelo de Valparaíso que se atopa no parque de Eirís. Aproveitando estes traballos vaise tratar tamén de analizar toda a zona para tentar ubicar un asentamento romano que segundo se cree e polos restos atopados a principios de século parece que existía nesta zona. Estes traballos están encadrados dentro dun proxecto de recuperación de xacementos arqueolóxicos que impulsa a Concexalía de Urbanismo.

O castelo de Valparaíso foi unha fortaleza construida no século XVII despois de que A Coruña fose atacada por tropas inglesas e vendo a vulnerabilidade da zona do porto. O castelo, reforzaba así a entrada da bahía xunto as outras fortalezas de San Diego e Oza.

Este domingo ás 11.00h da mañán (¡lembrade que este sábado se cambia a hora!) farase unha visita de campo para recoñecer posibles ubicacións para a iniciativa de hortas urbanas no barrio.


Como recordatorio, aqueles que estedes interesados no curso lembrade que a presentación será este venres ás 21.00h no local da Asociación de Veciños de Eirís (
CUAC FM é a