Categorías
Actividades Novas

Iniciativa de hortas urbanas en Eirís ¿estás interesado?

Existen numerosas iniciativas a nivel estatal (imaxe: Huertos Urbanos Bahía de Cádiz)

Será por hortas. A pesar da perda irreparable das hectáreas de terra en Eirís de Abaixo por mor das obras do Ofimático, estase cocendo a lume lento unha iniciativa totalmente aberta e embrionaria de Hortas Urbanas no barrio. Na cidade xa existen varios exemplos. O máis consolidado é a iniciativa de Hortas Feáns que deu os séus primeiros pasos no 2009 no val de Feáns e que ten na actualidade máis de 30 parcelas en uso.

Hai uns días naceu outra iniciativa na zona da Agra do Orzán, que está a dar os seus primeiros pasos.

A nivel galego, existe a Asociación Galega de Hortícultura Urbana, que pretende actuar de núcleo de encontro para facilitar experiencias e coñecementos deste tipo de iniciativas.

En definitiva, ¿anímaste? envíanos un correo electrónico a info@ocampodafresa.org mostrándonos a túa interese

+INFO

Manual de Hortícultura Urbana (AGHU) .PDF 

Categorías
Actividades

Curso de fotografía en Eirís

Presentación o venres 13 de Xullo ás 21.00h no local da Asociación de Veciños de Eirís (no edificio do Centro Cívico)

O programa do curso é o seguinte:

  • Iniciación ó mundo da fotografía dixital
  • Coñece a túa cámara
  • Aprende os fundamentos básicos da fotografía
  • Curso de 30 horas teórico-práctico con saídas a campo
  • Equipo profesional á túa disposición
  • Iniciación ó Photoshop

Categorías
Novas

Novidades no segundo aniversario do centro cívico de Eirís

Centro Cívico de Eirís (Imaxe: anjoca.com)

Cousas curiosas da vida, cando comezaba a escribir este post e busquei a data de inauguración do Centro Cívico caín na conta de que precisamente hoxe hai dous anos (31-05-2010) o barrio recibía cos brazos abertos o novo edificio do Centro Cívico que acollía tamén a sede da Asociación de Veciños Uxío Carré.

Outro día falaremos máis a miudo das actividades deste centro (que dependen directamente do CC do Castrillón) e da repercusión que estas teñen no barrio, das actividades que dentro del se desenvolven e da boa conta que dan delas maioritariamente os nenos e os maiores do barrio.

O caso é que hoxe deron comezo unhas obras de reforma da primeira planta e que dotarán ó centro cunha nova aula de ordenadores e cunha nova oficina adicada en exclusiva ó Centro de Saúde Mental Infantil do Concello da Coruña que desta forma terá a súa sede operativa no barrio.