Categorías
Novas O Barrio

Propostas aos orzamentos participativos do Concello

Como moitos de vos xa saberedes, o concello anunciou unha nova iniciativa de participación cidadá, A Porta Aberta, que consiste en facer propostas de inversión aos orzamentos municipais. Para isto habilitouse unha páxina web na que calquera veciño pode facer propostas. Haberá diferentes fases no proceso, xa que unha vez que se recollan as propostas estas poderán ser apoiadas polos cidadáns, e as que máis apoios obteñas pasarán a fase final de avaliación por parte do concello para ver a súa viabilidade e á votación final.

Agora mesmo o proceso atópase na fase de envío de propostas, que finaliza o vindeiro 23 de xuño. Nesta primeira fase está habendo unha gran participación e no tocante ao noso barrio son varias xa as propostas que se achegaron. Dende aquí queremos animarvos, veciñas e veciños de Eirís, a que fagades as vosas para entre todos conseguir mellorar aqueles aspectos do barrio que o precisan, que non son poucos.

Na seguinte fase poderedes tamén apoiar as que teñan que ver co noso barrio, de xeito que teñamos máis posibilidades de que se fagan realidade, así que xa sabedes, a participar! Se lle tedes algo de medo ás novas tecnoloxías podedes achegarvos a calquera das bibliotecas municipais e alí vos axudarán a rexistrar a vosa proposta ou apoiar a que consideredes. Lembrade que temos unha aquí ao lado, no Castrillón.

A Porta Aberta - Eirís

Categorías
Actividades Novas O Barrio

Prazo de inscrición nas actividades do Centro Cívico

Ooooommmmmhhhhhhh

Andade con ollo, mañán comeza o prazo de inscrición para as actividades sociais que o concello desenvolve no Centro Cívico do Barrio. Coma sempre moita variedade e actividades especiais dende crianzas a maiores.

Prazos de inscrición: 4, 5 e 6 de setembro en horario de 10.00 a 13.30h e de 16.30 a 20.00h

Sorteo de prazas: 6 de setembro 20.00h

Publicación listado admitidos e listas espera: 19 setembro no CC Eirís

Prazo inscrición persoas admitidas: 22, 23 e 24 de setembro en horario de 10.00 a 13.30h e de 16.30 a 20.00h

Consultade os horarios das actividades no propio Centro Cívico!

Actividades:

Infancia:

– Apoio escolar primaria

– Recuncho de xogo

– Teatro: son un artista

– Animación musical

Xuventude: 

– Apoio escolar secundaria

– Baile moderno

Interxeneracional:

– Batuka

– Taichí

– Pilates

– Bailes salón

– Inglés: conversa

– Corte e confección

– Manualidades con tela

– Restauración pequenos obxectos decorativos

– Calceta

– Fotografía

Maiores:

– Ximnasia mantemento

– Memoria

– Ioga para maiores

Categorías
Denuncias O Barrio

A Fonte dos canos

A fonte dos canos, situada en Eirís de Abaixo, é probablemente a fonte máis coñecida do noso barrio. Chamada así polos seus tres canos polos que discorría agua sen parar, era famosa pola súa calidade e sabor, rivalizando coa de Santa Margarita e facendo que moita xente acudira a ela a recoller agua, non só dende moitos puntos da cidade, senón tamén dende fora dela. Non se sabe exactamente cando foi construída máis sábese que é moi antiga e que foi reparada en 1911.

fonte_dos_canos

Lamentablemente a dia de hoxe, atópase nun estado de conservación lamentable. Ten os seus canos tapiados e xa non bota agua, pero o peor de todo e que está totalmente deixada por parte do concello. Isto, xunto coas obras do ofimático fai que estea en enorme perigo a súa conservación. De feito, o seu estado sería aínda peor de non ser polos veciños da zona, quenes se encargan de cortar a maleza e limpala.

Dende O Campo da Fresa pedímoslle ao concello que tome medidas para conservar esta peza tan significativa do patrimonio do noso barrio e da cidade.

Categorías
O Barrio

Personaxes do Barrio: Uxío Carré

Uxío Carré, quen da nome a asociación de veciños do barrio, foi unha das personaxes máis destacados que veu nacer Eirís, concretamente Eirís de Abaixo alá polo ano 1885 en ‘Villa Margarita’, unha sinxela casa.

Este escritor, membro da Real Academia Galega, pertenceu a xeración das «Irmandades da Fala» e do Grupo Nós. A súa obra céntrase na poesía, aunque tamén participou escribindo en varias publicacións de prensa da época.

Gran enamorado da súa terra, vivíu sempre no barrio, onde tamén morreu en 1967.

Categorías
Denuncias O Barrio

A ocupación e transformación dun lugar que xa non é

O Eirís de Abaixo que foi, xa non é. Póde gostar máis ou menos o proceso de integración de novas terras no tecido urbano en plena crise do ladrillo, que en este caso tan só ten un punto a favor coa construcción de edificios en réxime de cooperativa, pero…¿é esta forma o mellor que o sabemos facer?

Deseños feitos a quilómetros de distancia dos lugares de actuación, ou peor, feitos dende preto pero ignorando as formas da topografía natural, debuxando trazados de tiralíneas e pendientes constantes para romper o que levou formar millóns de anos, 

Categorías
Actividades Novas O Barrio

Festa da Fresa o 21 de Agosto

O parque de Eirís acollerá a Festa da Fresa

Xa están o barrio cheo de carteis do evento da Festa da Fresa, que se encadra dende hai uns anos dentro do programa das Festas de María Pita. O martes día 21 de agosto é o día elexido para a festividade local e o parque de Eirís é o lugar. O calendario de actividades é o seguinte:

  • 17.00h Festa infantil
  • 17.00h Partido de fútbol do Eirís Infantil (no campo de fútbol)
  • 20.00h Partido sorpresa ¿?
  • 21.30h Trío Sesión
  • 23.00h Noite de festa con COMBO DOMINICANO

 

Categorías
Actividades Novas O Barrio

O centenario da anexión do concello de Oza trae parte dos festexos ó barrio de Eirís

Antiga sede do Concello de Oza preto do IES Monelos (http://www.corunahoy.com)

O barrio de Eirís, que no seu tempo pertenceu ó concello de Oza, cumple estos meses 100 anos como un barrio máis do concello da Coruña. O anexionamiento do Concello de Oza á Coruña foi un feito moi importante na historia da cidade e así o reflexa o estudo feito por un grupo de traballo da Universidade Senior da UDC* na que narran o proceso, os persoeiros implicados e moita outra información que o convirte nun documento histórico de referencia para a cidade que podedes consultar e descargar de forma libre. Para celebrar tal efeméride están previstos unha serie de actos que circularán polo Castrillón, Oza e Eirís coa seguinte programación.

Categorías
Actividades O Barrio

O curso de fotografía presentase este venres en Eirís

Como recordatorio, aqueles que estedes interesados no curso lembrade que a presentación será este venres ás 21.00h no local da Asociación de Veciños de Eirís (no edificio do Centro Cívico)

O programa do curso é o seguinte:

  • Iniciación ó mundo da fotografía dixital
  • Coñece a túa cámara
  • Aprende os fundamentos básicos da fotografía
  • Curso de 30 horas teórico-práctico con saídas a campo
  • Equipo profesional á túa disposición
  • Iniciación ó Photoshop

 

– O prezo será de 100€ para o curso de 30 horas (3,3€/hora)

– Para que o curso se faga haberá que xuntar un mínimo de 10 alumnos

Categorías
Novas O Barrio

O barrio de Eirís nas ondas de CuacFM

CUAC FM é a emisora de radio comunitaria que ven amenizando as ondas da frecuencia modulada na Coruña dende 1996. Como radio comunitaria, destacan na programación os contidos sociais, dando voz a numerosos colectivos e agrupacións locais.

Entre a súa xa extensa e variada lista de programas atópase Ar de Coruña, programa que, ademáis de facilitar novas de actualidade, sociedade e cultura da cidade, conta cunha sección que reflexa en voz a historia e o presente dos barrios que tecen o puzzle da Coruña. No mes de marzo, a súa máquina de radiografías pasou polo barrio de Eirís.

Categorías
O Barrio

O Eirís da cidade dos barrios

Hai xa ano e medio que a Delegación da Coruña do COAG publicou o libro ‘A cidade dos barrios‘,  traballo coordinado polo estudio mmasa que da unha moi interesante visión das barriadas da nosa cidade dende un punto de vista multidisciplinar. O estudo vencella de forma sinxela as características físicas e sociais dos barrios, reflexa como se tecen os lazos de relacións entre eles e a percepción que teñen os veciños dos seus lugares de residencia e dos lugares onde desenvolven a súa actividade diaria entre outros. Hai exemplares en varias bibliotecas municipais (na pestana de exemplares tedes a súa ubicación). Recomendamos a súa lectura sen dúbida.

Obviamente a nós o que nos interesa é a información que atañe ó barrio de Eirís, que o estudio denomina Eirís-A Madosa* e que inclúe enquisas á xente do barrio que amosan cousas curiosas canto menos.

¿Qué cousas curiosas podemos extraer das enquisas?