Vía ó blogue do veciño barrio do Castrillón (www.barriodocastrillon.es) deixamos ó voso alcance as actividades programadas para o «II Día da familia» organizada por ACOCEM, xunto á AVV Uxío Carré, AVV Monelos, AVV O Cruceiro e FEDACEPE.
Seca no parque de Eirís
No diario laopinión fanse eco do estado de sequía de gran parte da zona verde do parque. Parece que do mesmo xeito que pasa coa iluminación, tema que xa denunciamos neste blogue fai tempo, o concello só está disposto a manter dispoñible para o seu uso por parte dos veciños unha pequena parte do parque.

Festa da Fresa
Xa temos programa para a festa da fresa 2013, que se celebrará o vindeiro mércores 21 de Agosto:
17:30 – HINCHABLES
18:00 – Fútbol Cadetes: EIRÍS S.D. – DEPORTIVO OBRERO
19:00 – FESTA DA ESPUMA
20:00 – Fútbol: EIRÍS S.D. Juveniles – EIRIS S.D. Aficionados
22:00 – Trío Musical
23:15 – Entrega de Trofeos
23:30 – Verbena a cargo da GRAN ORQUESTA ARMONÍA SHOW
A fonte dos canos, situada en Eirís de Abaixo, é probablemente a fonte máis coñecida do noso barrio. Chamada así polos seus tres canos polos que discorría agua sen parar, era famosa pola súa calidade e sabor, rivalizando coa de Santa Margarita e facendo que moita xente acudira a ela a recoller agua, non só dende moitos puntos da cidade, senón tamén dende fora dela. Non se sabe exactamente cando foi construída máis sábese que é moi antiga e que foi reparada en 1911.
Lamentablemente a dia de hoxe, atópase nun estado de conservación lamentable. Ten os seus canos tapiados e xa non bota agua, pero o peor de todo e que está totalmente deixada por parte do concello. Isto, xunto coas obras do ofimático fai que estea en enorme perigo a súa conservación. De feito, o seu estado sería aínda peor de non ser polos veciños da zona, quenes se encargan de cortar a maleza e limpala.
Dende O Campo da Fresa pedímoslle ao concello que tome medidas para conservar esta peza tan significativa do patrimonio do noso barrio e da cidade.
Fai unhas semanas publicábase na opinión unha noticia anunciando que se vai a proceder a realizar unha serie de traballos para a recuperación e musealización do castelo de Valparaíso que se atopa no parque de Eirís. Aproveitando estes traballos vaise tratar tamén de analizar toda a zona para tentar ubicar un asentamento romano que segundo se cree e polos restos atopados a principios de século parece que existía nesta zona. Estes traballos están encadrados dentro dun proxecto de recuperación de xacementos arqueolóxicos que impulsa a Concexalía de Urbanismo.

O castelo de Valparaíso foi unha fortaleza construida no século XVII despois de que A Coruña fose atacada por tropas inglesas e vendo a vulnerabilidade da zona do porto. O castelo, reforzaba así a entrada da bahía xunto as outras fortalezas de San Diego e Oza.
Cambios no percorrido do 1A
Dende hoxe o 1A, única liña de buses que pasa polo barrio, ten un pequeno cambio no seu percorrido. Coma ben explican no blogue busurbano, o 1A pasará por dentro do barrio de matogrande, non só a ida cara Porta Real, como viña facendo, senón que tamén o fará a volta cara o Pasaxe.
Parece un cambio lóxico que estaba a ser demando polos veciñon dese barrio, mais é lóxico que sexa esta a única liña de bus que pasa por estes dous barrios?. Non sería máis lóxico modificar o percorrido de algunha outra liña para dar mellor servizo a todos estes veciños?.
O 1A é unha das liñas que ten o percorrido máis longo, e por tanto dos que máis tempo invirte e dos que presentan unha frecuencia de paso das máis altas, en torno aos 20 minutos de media. Dende ocampodafresa estamos a preparar unha análise do servizo de buses que ten o barrio, similar aos que xa fixemos sobre o servizo de bicicoruña ou sobre a escasa iluminación do parque de Eirís. Estade atentos.
Actualización: Tralos primeiros días de cambio podedes ver como está a ser a experiencia de funcionamento neste análise do blogue busurbano.

Calquera veciño que se parase a mirar estes días o tablón de anuncios non oficial do barrio (tamén coñecida coma a cristaleira do «Bar Cadenas») viu probablemente un curioso cartel de «se busca».
Segundo informan os nosos compañeiros do blogue do barrio do Castrillón, trátase dunha iniciativa da Asociación de Comerciantes Castrillón, Eírís, Monelos (ACOCEM) na que se busca a parella con máis idade da zona. Unha vez atopada, faráselles unha homenaxe que terá lugar o vindeiro 27 de abril.
Tedes máis información sobre as condicións neste enlace.
Personaxes do Barrio: Uxío Carré
Uxío Carré, quen da nome a asociación de veciños do barrio, foi unha das personaxes máis destacados que veu nacer Eirís, concretamente Eirís de Abaixo alá polo ano 1885 en ‘Villa Margarita’, unha sinxela casa.
Este escritor, membro da Real Academia Galega, pertenceu a xeración das «Irmandades da Fala» e do Grupo Nós. A súa obra céntrase na poesía, aunque tamén participou escribindo en varias publicacións de prensa da época.
Gran enamorado da súa terra, vivíu sempre no barrio, onde tamén morreu en 1967.
O Eirís de Abaixo que foi, xa non é. Póde gostar máis ou menos o proceso de integración de novas terras no tecido urbano en plena crise do ladrillo, que en este caso tan só ten un punto a favor coa construcción de edificios en réxime de cooperativa, pero…¿é esta forma o mellor que o sabemos facer?
Deseños feitos a quilómetros de distancia dos lugares de actuación, ou peor, feitos dende preto pero ignorando as formas da topografía natural, debuxando trazados de tiralíneas e pendientes constantes para romper o que levou formar millóns de anos,
A escasa iluminación do Parque de Eirís
Os veciños do barrio podemos desfrutar dun enorme espazo verde, cunhas vistas privilexiadas, e todo ao lado da casa. Estámonos a referir ao Parque de Eirís.
Un espazo moi coidado que conta cunha vistosa pérgola, unha zona recreativa para os máis pequenos, un estanque naturalizado con aves e mesmo unha pista de skate.
Sen embargo, non é posible desfrutar de todo isto sempre que se queira, xa que actualmente o parque ten unha escasez de iluminación máis que evidente.
Actualmente a zona iluminada do parque cubre tan só aproximadamente unha terceira parte do mesmo. Moitos dos sendeiros do mesmo carecen de iluminación o que reduce o espazo que se pode empregar para pasear por exemplo, ademáis da inseguridade que provoca para as persoas que cruzan polo parque para ir a súa casa.
Dende aquí desexamos que se tomen medidas para dotar ao parque dunha mellor iluminación e que así o poidamos desfrutar durante máis tempo.
Nota: Os cálculos da zona iluminada están feitos co software gvSIG, de forma simplificada, tomando como base os puntos de luz e considerando un radio de iluminación de 20 metros para cada un.