Categorías
Actividades

Curso de fotografía en Eirís

Presentación o venres 13 de Xullo ás 21.00h no local da Asociación de Veciños de Eirís (no edificio do Centro Cívico)

O programa do curso é o seguinte:

  • Iniciación ó mundo da fotografía dixital
  • Coñece a túa cámara
  • Aprende os fundamentos básicos da fotografía
  • Curso de 30 horas teórico-práctico con saídas a campo
  • Equipo profesional á túa disposición
  • Iniciación ó Photoshop

Categorías
Denuncias

Caos nas horas de entrada e saída do colexio en Eirís

A través de twitter chégannos estas imaxes de Martín Vidal, onde se pode ver o caos que se xera nas horas de entrada e saída nos arredores do Colexio Internacional de Eirís.

Segundo nos contan é unha prática habitual que os pais e nais que van deixar ou recoller aos seus fillos e fillas, aparquen en calquera sitio e de calquera forma, creando así problemas no tráfico, nunha estrada bastante concorrida. Por non falar dos problemas para os peóns que se atopan con que as estreitas beirarrúas que hai nesta zona están ocupadas por coches.

Dende O Campo da Fresa queremos pedir a todos estes pais e nais que teñan un pouco máis de conciencia cívica, e que tamén dende o concello se busquen alternativas para solucionar estas situacións, que se repiten nas inmediacións de moitos colexios da cidade.

Categorías
Enlaces

Artigo sobre o plano de buses da cidade

Mapa de líneas de autobuses de A Coruña

Facémonos eco deste interesante artigo sobre os planos de rutas de autobuses na nosa cidade,  comparados cos que hai noutras cidades españolas, que publicaron na Plataforma pola mobilidade da Coruña.

Precisamente o noso Barrio non é dos mellores en canto a opcións de buses e conexións co resto da cidade, pero isto será tratado nun vindeiro post.

Categorías
O Barrio

Inmortalizando o Barrio

Os Barrios non son seres inertes de ladrillo e cemento, senón que son entidades «vivas» que mudan co tempo.

O noso barrio foi cambiando ao longo do tempo, e aínda hoxe o segue a facer. Moitos detalles son xa cousa do pasado e moitos están todavía por vir. Por iso queremos engadir unha sección de fotos no blogue. Para retratar ese pasar do tempo, con fotografías do hoxe, do onte e do que aínda está por chegar.

Categorías
Novas

Novidades no segundo aniversario do centro cívico de Eirís

Centro Cívico de Eirís (Imaxe: anjoca.com)

Cousas curiosas da vida, cando comezaba a escribir este post e busquei a data de inauguración do Centro Cívico caín na conta de que precisamente hoxe hai dous anos (31-05-2010) o barrio recibía cos brazos abertos o novo edificio do Centro Cívico que acollía tamén a sede da Asociación de Veciños Uxío Carré.

Outro día falaremos máis a miudo das actividades deste centro (que dependen directamente do CC do Castrillón) e da repercusión que estas teñen no barrio, das actividades que dentro del se desenvolven e da boa conta que dan delas maioritariamente os nenos e os maiores do barrio.

O caso é que hoxe deron comezo unhas obras de reforma da primeira planta e que dotarán ó centro cunha nova aula de ordenadores e cunha nova oficina adicada en exclusiva ó Centro de Saúde Mental Infantil do Concello da Coruña que desta forma terá a súa sede operativa no barrio.

Categorías
O Barrio

O campo da fresa

 

Camiño cara Eirís de Abaixo (Pismelijo - panoramio)

Pódese dicir sen medo a quedar mal que Eirís  e os barrios aledaños tenen unha rica historia. A súa próximidade á cidade da Coruña e do seu porto levou recurtes de historia a lugares como o veciño lugar de Elviña, onte fronteira difusa do actual barrio e hoxe afastado bruscamente polo navallazo da Avenida de Lavedra. No antonte fértil val chegaron a baterse nos albores do século XIX tropas inglesas ante as tropas napoleónicas na Batalla de Elviña.