Hai xa ano e medio que a Delegación da Coruña do COAG publicou o libro ‘A cidade dos barrios‘, traballo coordinado polo estudio mmasa que da unha moi interesante visión das barriadas da nosa cidade dende un punto de vista multidisciplinar. O estudo vencella de forma sinxela as características físicas e sociais dos barrios, reflexa como se tecen os lazos de relacións entre eles e a percepción que teñen os veciños dos seus lugares de residencia e dos lugares onde desenvolven a súa actividade diaria entre outros. Hai exemplares en varias bibliotecas municipais (na pestana de exemplares tedes a súa ubicación). Recomendamos a súa lectura sen dúbida.
Obviamente a nós o que nos interesa é a información que atañe ó barrio de Eirís, que o estudio denomina Eirís-A Madosa* e que inclúe enquisas á xente do barrio que amosan cousas curiosas canto menos.
¿Qué cousas curiosas podemos extraer das enquisas?