Categorías
Novas O Barrio

O barrio de Eirís nas ondas de CuacFM

CUAC FM é a emisora de radio comunitaria que ven amenizando as ondas da frecuencia modulada na Coruña dende 1996. Como radio comunitaria, destacan na programación os contidos sociais, dando voz a numerosos colectivos e agrupacións locais.

Entre a súa xa extensa e variada lista de programas atópase Ar de Coruña, programa que, ademáis de facilitar novas de actualidade, sociedade e cultura da cidade, conta cunha sección que reflexa en voz a historia e o presente dos barrios que tecen o puzzle da Coruña. No mes de marzo, a súa máquina de radiografías pasou polo barrio de Eirís.