A través de twitter chégannos estas imaxes de Martín Vidal, onde se pode ver o caos que se xera nas horas de entrada e saída nos arredores do Colexio Internacional de Eirís.


Segundo nos contan é unha prática habitual que os pais e nais que van deixar ou recoller aos seus fillos e fillas, aparquen en calquera sitio e de calquera forma, creando así problemas no tráfico, nunha estrada bastante concorrida. Por non falar dos problemas para os peóns que se atopan con que as estreitas beirarrúas que hai nesta zona están ocupadas por coches.


Dende O Campo da Fresa queremos pedir a todos estes pais e nais que teñan un pouco máis de conciencia cívica, e que tamén dende o concello se busquen alternativas para solucionar estas situacións, que se repiten nas inmediacións de moitos colexios da cidade.