Categorías
Actividades Novas

Iniciativa de hortas urbanas en Eirís ¿estás interesado?

Existen numerosas iniciativas a nivel estatal (imaxe: Huertos Urbanos Bahía de Cádiz)

Será por hortas. A pesar da perda irreparable das hectáreas de terra en Eirís de Abaixo por mor das obras do Ofimático, estase cocendo a lume lento unha iniciativa totalmente aberta e embrionaria de Hortas Urbanas no barrio. Na cidade xa existen varios exemplos. O máis consolidado é a iniciativa de Hortas Feáns que deu os séus primeiros pasos no 2009 no val de Feáns e que ten na actualidade máis de 30 parcelas en uso.

Hai uns días naceu outra iniciativa na zona da Agra do Orzán, que está a dar os seus primeiros pasos.

A nivel galego, existe a Asociación Galega de Hortícultura Urbana, que pretende actuar de núcleo de encontro para facilitar experiencias e coñecementos deste tipo de iniciativas.

En definitiva, ¿anímaste? envíanos un correo electrónico a info@ocampodafresa.org mostrándonos a túa interese

+INFO

Manual de Hortícultura Urbana (AGHU) .PDF 

6 respuestas a «Iniciativa de hortas urbanas en Eirís ¿estás interesado?»

Xa hai xente que nos amosou o seu interese por formar parte da iniciativa. Creamos unha lista de correo do grupo. Se queres formar parte contacta con nos na dirección de correo que indicamos no post e daremoste de alta.

Saúdos!

info@ocampodafresa.org

Hola me he enterado de la iniciativa aunque no se bien en que consiste y que es lo que hay que hacer. Llevo muchisimo tiempo queriendo plantar mis propias hortalizas pero no tengo donde , si se trata de eso contad conmigo

Hola Marisa!

estou á espera da reu coa xente de hortas feáns. En canto nos digan día e hora vos aviso por correo.

Responder a CARLOS MARTINEZ Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *