Categorías
Denuncias

A escasa iluminación do Parque de Eirís

Os veciños do barrio podemos desfrutar dun enorme espazo verde, cunhas vistas privilexiadas, e todo ao lado da casa. Estámonos a referir ao Parque de Eirís.

Un espazo moi coidado que conta cunha vistosa pérgola, unha zona recreativa para os máis pequenos, un estanque naturalizado con aves e mesmo unha pista de skate.

Sen embargo, non é posible desfrutar de todo isto sempre que se queira, xa que actualmente o parque ten unha escasez de iluminación máis  que evidente.

Actualmente a zona iluminada do parque cubre tan só aproximadamente unha terceira parte do mesmo. Moitos dos sendeiros do mesmo carecen de iluminación o que reduce o espazo que se pode empregar para pasear por exemplo, ademáis da inseguridade que provoca para as persoas que cruzan polo parque para ir a súa casa.

Dende aquí desexamos que se tomen medidas para dotar ao parque dunha mellor iluminación e que así o poidamos desfrutar durante máis tempo.

Nota: Os cálculos da zona iluminada están feitos co software gvSIG, de forma simplificada, tomando como base os puntos de luz e considerando un radio de iluminación de 20 metros para cada un.

 

6 respuestas a «A escasa iluminación do Parque de Eirís»

Por favor, eu creo que sobre esta cuestión debense ter en conta máis cousas, non só é un problema de CANTIDADE DE ILUMINACIÓN ou de número de puntos de luz, non esquezades o problema da contaminación lumínica e da eficiencia enerxética, as farolas do parque Eirís irradian unha cantidade enorme de luz ao ceo, son tremendamente ineficientes e contaminantes, recomendo o grupo en Facebook da USC, «Calidade do Ceo Nocturno» no que se recollen recomendacións, e senon, na Coruña temos á Agrupación Astronómica IO ou a Casa das Ciencias que poden asesorar nesta materia.
Aqui hai algunhas referencias:
http://www.darksky.org/outdoorlighting
http://www.celfosc.org/esp/5minutos.html
http://www.sigmaoctantis.com.ar/mapacluminica/recursos/contaminacionluminicaRecomendaciones2.pdf
http://www.agrupacionio.com/
Grazas.

Xosé Luis, aquí de lo que se trata es de que veamos los caminantes, no los astronautas…no se tu en que grupo te englobas… (y respeto mucho el problema de la contaminación lumínica, pero creo que precisamente de esto no peca este parque.
Estoy totalmente de acuerdo ante la queja por la escasa iluminación, quisiera destacar, sobre todo, la falta de luz en el área infantil, cuando cae la tarde tienes que equiparte con gafas de visión nocturna para poder encontrar a tu pequeño..

Siento retomar el tema un año más tarde, pero es que no encuentro ningún otro post en la www para hablar del tema de la iluminación. Ahora resulta que hay algún individuo de asentamiento nocturno en el parque que se dedica a acojonar a la gente a su paso. Permanece escondido entre los árboles situados sobre la fuente (Parte superior del acceso al «Lago de los Cisnes») Y si te hace alguna putada, llamas a la policía y te preguntan que si te ha amenazado, dices -«no» -¿Agredido?; -No!! -Pues no podemos hacer nada para que su mujer pueda volver del hospital sin tener que dar la vuelta a la cúpula… Lo siento mucho mucho por la contaminación lumínica… Pero me preocupan infinitamente más mi mujer y mis hijos…

veño de atopar este tema e só por aclarar conceptos. Reducir a contaminación lumínica NON implica iluminar menos se non mellor.
Na estupenda información que aporta Xosé Luis queda claro, unhas luminarias que tiren a luz hacia o ceo non so implican tirar cartos se non que non iluminan o que teñen que iluminar, o chan que se ten que pisar.
Igual que as farolas que iluminan dentro dunha vivenda, como pasa en moitas casas, molestan e non fan o seu traballo, as luces «artísticas» de monumentos qué fan encendidas toda a noite ? alguén mira para elas ? Son molestias innecesarias.
Iluminar sí, pero de maneira útil.

Responder a Áragorn Kyra Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *