Categorías
Novas

Cambios no percorrido do 1A

Dende hoxe o 1A, única liña de buses que pasa polo barrio, ten un pequeno cambio no seu percorrido. Coma ben explican no blogue busurbano, o 1A pasará por dentro do barrio de matogrande, non só a ida cara Porta Real, como viña facendo, senón que tamén o fará a volta cara o Pasaxe.

Parece un cambio lóxico que estaba a ser demando polos veciñon dese barrio, mais é lóxico que sexa esta a única liña de bus que pasa por estes dous barrios?. Non sería máis lóxico modificar o percorrido de algunha outra liña para dar mellor servizo a todos estes veciños?.

O 1A é unha das liñas que ten o percorrido máis longo, e por tanto dos que máis tempo invirte e dos que presentan unha frecuencia de paso das máis altas, en torno aos 20 minutos de media. Dende ocampodafresa estamos a preparar unha análise do servizo de buses que ten o barrio, similar aos que xa fixemos sobre o servizo de bicicoruña ou sobre a escasa iluminación do parque de Eirís. Estade atentos.

Actualización: Tralos primeiros días de cambio podedes ver como está a ser a experiencia de funcionamento neste análise do blogue busurbano.

5 respuestas a «Cambios no percorrido do 1A»

Ola, barrio de Eirís!

No noso {e voso) Blog Busurbano tendes esa información, máis temos pendente engadir algún detalle que rematamos de comprobar neste primeiro día de funcionamento deste cambio.

Estade atentos nestes días ata a fin de semana, que completaremos esa primeira inforamación de utilidade xeral.

Un saúdo!

Paso de cebra de Eiris de Arriba

Recordar también el peligro que entraña el «famoso paso de cebra de la muerte» ya van dos muertes y un atropello que yo sepa y sigue sin hacerse nada, cuanta gente tienen que atropellar en una zona de paso? Señalada con dos ramos de flores en recuerdo de los fallvencidos. Ruego se tomen medidas al respecto, como por ejemplo un semáforo de botón.

Un saludo

Moi certo Mónica. De feito estamos tamén a pensar en como darlle forma a unha sección para recoller e denunciar os puntos perigosos do barrio, que hai bastantes, como o que ti dis.

Responder a O Blog Bururbano Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *